Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Mércores, 22 de maio de 2013 Páx. 17845

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 23 de abril de 2013, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se autorizan instalacións eléctricas no concello da Laracha e se aproba o proxecto de execución dunha primeira fase (expediente IN407A 2013/13-1).

Solicitante: Melchor Barreiro e Hijos, S.L.

Domicilio social: lugar de Muíños, Coiro, 15145 A Laracha.

Denominación: proxecto de distribución de enerxía eléctrica e iluminación pública.

Situación: área de repartición AR-S3 (urbanización Buenos Aires), concello da Laracha, A Coruña.

Características técnicas das instalacións que se autorizan: proxecto de distribución de enerxía eléctrica e iluminación pública na área de repartición AR-S3 do Concello da Laracha, A Coruña, para alimentación de parcelas 1 a 9 dedicadas a edificios de vivendas, locais comerciais e garaxes, parcelas 10 a 41 dedicadas a vivendas unifamiliares, parcelas E-L dedicadas a equipamento local e parcelas E-G dedicadas a equipamento xeral. Alimentación desde a liña Cillobre-Proame (expediente 34.543) intercalando 3 CT en bucle entre CT existente edificio Buenos Aires (expediente 52.892) e CT existente Instituto (expediente 26-1/97). LMTS condutor RHZ1-OL-12/20 kV, 240 mm2 Al. Tres CT, cada un deles das seguintes características: soterrados, prefabricados, dúas celas de liña 24 kV 400A, dúas celas de protección 24 kV 400A, dous trafos de 630 kVA cada un, 15-20.000/230-400 V, aceite. Cadros de baixa tensión (un por trafo) e liñas de distribución en BT, soterradas, condutor RV-0,6/1 kV 240 mm2, segundo planos.

Descricións técnicas das instalacións das cales se aproba o proxecto de execución: primeira fase do proxecto de distribución de enerxía eléctrica e iluminación publica na área de repartición AR-S3 do concello da Laracha, A Coruña, consistente en LMTS soterrada en anel, condutor RHZ1-OL-12/20 kV, 3×(1×240 mm2) Al. Lonxitude 813 m, con inicio en CT existente en Instituto rúa Manuel Murguía (expediente 26/01/1997) e final en CT existente, edificio Buenos Aires (expediente 52892). CT1: centro de transformación soterrado, prefabricado, cela de liña 24 kV 400A, cela de protección 24 kV 400A, trafo 630 kVA (previsto para a instalación dunha segunda máquina de 630 kVA), 15-20.000/230-400 V, aceite. Liña BT desde CT1 para alimentación de bloques 1 e 2 (parcelas 1, 2) condutor RV 0,6/1 kV 4×(1×240 mm2) Al. Liña BT desde parcela 16, para alimentación parcelas 39-40-41, condutor RV 0,6/1 kV 4×(1×240 mm2) Al.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, e no capítulo II, título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:

Autorizar as ditas instalacións e aprobar o proxecto de execución da primeira fase, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no proxecto e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos organismos ou corporacións que constan no expediente.

Contra a presente resolución poderá interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir de día seguinte ao da publicación desta resolución; tamén poderá interpor calquera outro recurso que considere pertinente ao seu dereito.

A Coruña, 23 de abril de 2013

Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña