Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Mércores, 22 de maio de 2013 Páx. 17843

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 17 de abril de 2013, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa dunha instalación eléctrica no concello de Santiago de Compostela (expediente IN407A 47/2013).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avenida de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: recuamento de LMT lugar Castelo da Rocha.

Situación: concello de Santiago de Compostela.

Características técnicas:

Liña eléctrica de media tensión soterrada (LMTS), a 20 kV, circunvalación a Santiago (expediente 10.513) de dobre circuíto, en substitución dun tramo de liña aérea triple circuíto que cruza o xacemento arqueolóxico do Castelo da Rocha, cunha lonxitude de 779 m, sendo un primeiro tramo de 301 m (expediente IN407A 2004/479) e un segundo tramo de 44 m (expediente IN407A 2007/552) ambos en canalización existente. Ten orixe en punto de acceso á rede existente (expediente IN407A 2004/479) e final en punto de acceso á rede proxectada (expediente IN407A 2013/020) con condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV, 3(1×240) Al.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, situada no Edificio Administrativo de Monelos, rúa Vicente Ferrer, 2, 2º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días a partir da última publicación.

A Coruña, 17 de abril de 2013

Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña