Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Martes, 21 de maio de 2013 Páx. 17682

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Santiago de Compostela

ANUNCIO de información pública sobre o estudo de detalle das parcelas 17A e 17B do solo urbanizable non programado número 31 (San Marcos).

A Xunta de Goberno Local, na sesión ordinaria que tivo lugar o día 11 de abril de 2013, adoptou o seguinte acordo:

a) Aprobar inicialmente o estudo de detalle na ringleira das parcelas 76 a 84 do Plan parcial do SUNP-31 (San Marcos), formulado de oficio polo Concello a través dos servizos técnicos da Área de Urbanismo.

b) En aplicación do procedemento regulado polo artigo 86.2 da Lei de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, o estudo de detalle inicialmente aprobado someterase a información pública durante o prazo de vinte (20) días, mediante anuncios que para o efecto se publicarán no Diario Oficial de Galicia e nun dos xornais de maior circulación na provincia. Así mesmo, notificaráselles o acordo adoptado aos propietarios afectados e á Xunta de Compensación do SUNP-31.

c) O acordo de aprobación inicial determina automaticamente, por aplicación do disposto no artigo 77.2 da LOUG, a suspensión do outorgamento de licenzas para todas aquelas actuacións que poidan resultar incompatibles coa nova ordenación proposta, durante o prazo máximo de dous anos, contado desde a aprobación inicial, e extinguirase en todo caso coa aprobación definitiva do planeamento.

De conformidade co disposto no artigo 86.2 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, o citado expediente sométese a información pública polo prazo de vinte días, contado a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. Durante este prazo os interesados poderán consultar o expediente, no Servizo de Planeamento e Xestión, e formular por escrito as alegacións que consideren oportunas.

Santiago de Compostela, 18 de abril de 2013

María Pardo Valdés
Concelleira da Área de Desenvolvemento Urbano e Sostible