Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Martes, 21 de maio de 2013 Páx. 17683

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vigo

ANUNCIO de aprobación definitiva do Plan parcial S-34-R Falcoa (expediente 11485/411).

O Pleno do Concello de Vigo, en sesión ordinaria do día 25 de marzo de 2013, adoptou o seguinte acordo:

«Primeiro. Desestimar integramente, de acordo cos fundamentos do informe proposta supra transcrito, as seguintes alegacións: nº 1 presentada por Jesús Manuel Vega Lage (doc. 120022593); nº 2 presentada por Rosa París Crispín (doc. 120024117); nº 4 (doc. 120026532) presentada por Lisardo Magdalena Silveira; nº 7 presentada por Paula Fernández Alonso (doc. 120026956), a través de seu representante José Ángel Hermida Fernández; nº 10 presentada por José Fernando Serodio Caride (doc. 120030153); nº 11 presentada por Carmen Rial Sacco (doc. 120034148); nº 14 presentada por Olimpio González Araújo e Olga Alonso Méndez (doc. 120038171), a través do seu representante Eulogio P. Abeleira Cabaleiro; e nº 16 presentada extemporaneamente por Manuel Barja Bande en nome de Extraco, Construccións e Proxectos, S.A. (doc. 120078863).

Segundo. Estimar parcialmente a alegación nº 3 presentada por Enrique Agulla Abalde (doc. 120026532) no sentido de incluír o alegante na relación de propietarios; nº 8 presentada por Manuel Villar González (doc. 120028658) no sentido de incluír o alegante na relación de propietarios; nº 9 presentada por Camilo Alonso Alonso (doc. 120028795) no sentido de incluír o alegante na relación de propietarios; nº 13 presentada pola Asociación de Veciños Monte da Mina, Castrelos, a través do seu representante Juan Freiría Barros (doc. 120036994) e nº 15 (doc. 120052430) presentada por Douro Atlántico, S.L., a través do seu representante Javier Alonso López, de acordo cos fundamentos e alcance reflectidos no informe proposta supra transcrito.

Terceiro. Estimar as alegacións nº 5 presentada por Juan Alonso Gómez (doc. 120026560); nº 6 presentada por Margarita Pacheco Gándara (doc. 120026698) e nº 12 presentada por Elvira Domínguez Caride (doc. 120035770), de acordo co informe proposta supra transcrito.

Cuarto. Aprobar definitivamente o Plan parcial S-34-R Falcoa, redactado por iniciativa municipal, por Pettra, S.L. e conformado pola documentación denominada Plan parcial do sector de solo urbanizable S-34-R Falcoa. Concello de Vigo. Documento para a aprobación definitiva, versión datada en outubro de 2012 e redactada polos arquitectos Xabier Rivas Barros, Antonio Iglesias Álvaro-Gracia e César Álvarez Arines (exp. 11485/411).

Quinto. Dar traslado do presente acordo á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas xunto con copia autenticada de dous exemplares do instrumento aprobado definitivamente con todos os planos e documentos que o integran, sobre os cales recae a presente aprobación definitiva, debidamente dilixenciados polo secretario do Concello, facendo constar este aspecto.

Sexto. Ordenar a publicación do presente acordo no DOG, en cuxo anuncio se fará mención á remisión á CMATI da documentación referida no punto quinto do presente acordo e, así mesmo, publicar no BOP de Pontevedra o documento que conteña a normativa e ordenanzas.

Sétimo. Ordenar a publicación do presente acordo xunto coa ordenación definitivamente aprobada na páxina web do concello.

Oitavo. Notificar o presente acordo aos alegantes, indicándolles que os instrumentos de planeamento teñen natureza de disposición xeral, polo que, contra el, se poderá interpor recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses desde a súa notificación perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, sen prexuízo do exercicio das accións que consideren convenientes».

O acto de aprobación definitiva da citada modificación puntual foi comunicado á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas con data do 22 de abril de 2013, en cumprimento do disposto polo artigo 92.3 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia (Loug).

Contra o acordo de aprobación definitiva poderá interporse directamente recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio.

Vigo, 22 de abril de 2013

(Resolución do 8.2.2013)
María del Carmen Silva Rego
Vicecepresidenta de Xunta Municipal de Urbanismo