Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Martes, 21 de maio de 2013 Páx. 17681

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Porriño

ANUNCIO de licitación da prestación dos servizos de administración e mantemento integral dos equipamentos informáticos, asistencia e apoio técnico en tarefas de administración e xestión informática para este concello.

Por Decreto da Alcaldía do 7 de maio de 2013 aprobáronse os pregos que rexen a licitación seguinte:

1. Entidade adxudicadora: Concello do Porriño (expediente 17/13).

2. Obxecto do contrato: prestación dos servizos de administración e mantemento integral dos equipamentos informáticos, asistencia e apoio técnico en tarefas de administración e xestión informática para o Concello do Porriño.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación: ordinaria e aberto.

4. Orzamento base de licitación: 29.000 € (23.966,94 € + 5.033,06 € en concepto de IVE).

5. Garantías. Garantía definitiva: 5 % do importe de adxudicación.

6. Prazo de presentación das proposicións: quince (15) días naturais desde a última publicación do anuncio de licitación.

7. Apertura das ofertas: segundo o establecido no prego de cláusulas administrativas particulares que rexen a licitación.

8. Gastos de anuncios: serán por conta do licitador que resulte adxudicatario.

9. Páxina onde figuran os datos da convocatoria: www.contratosdegalicia.es

O Porriño, 7 de maio de 2013

José Nelson Santos Argibay
Alcalde