Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Martes, 21 de maio de 2013 Páx. 17680

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Porriño

ANUNCIO relativo á convocatoria para a provisión interina da praza vacante de médico da Unidade Asistencial de Drogodependencias.

No Boletín Oficial da provincia de Pontevedra nº 84, do 2 de maio de 2013, procedeuse á publicación das bases que rexerán a convocatoria pública para a provisión interina da praza vacante que figura no cadro de persoal do orzamento de 2012 prorrogado para o ano 2013, encadrada no persoal laboral fixo, coa denominación de médico UAD: responsable de servizo, e coa titulación de licenciado en Medicina coa especialidade en Psiquiatría ou equivalente, que quedou sen cubrir na convocatoria iniciada en 2011 e rematada en 2012. O sistema selectivo é o de concurso.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días naturais contados a partir do seguinte a aquel en que se publique o anuncio da convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, faranse públicos na forma prevista nas propias bases.

O Porriño, 3 de maio de 2013

José Nelson Santos Argibay
Alcalde