Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Martes, 21 de maio de 2013 Páx. 17679

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Porriño

ANUNCIO de licitación da prestación dos servizos de consultoría, asistencia e asesoramento técnico-xurídico en materia de xestión de recursos humanos e contratación administrativa para este concello.

Por Decreto da Alcaldía do 25 de abril de 2013 aprobáronse os pregos que rexen a licitación seguinte:

1. Entidade adxudicadora: Concello do Porriño (expediente 18/13).

2. Obxecto do contrato: prestación dos servizos de consultoría, asistencia e asesoramento técnico-xurídico en materia de xestión de recursos humanos e contratación administrativa.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación: urxente e aberto, con multiplicidade de criterios de valoración.

4. Orzamento base de licitación: 14.520 € (12.000 €+2.520 € en concepto de IVE), e un prazo de execución dun ano (prorrogable anualmente, ata un máximo de catro anos en total).

5. Garantías: garantía definitiva: 5 % do importe de adxudicación.

6. Prazo de presentación das proposicións: oito días naturais desde o día seguinte ao da última publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, no Boletín Oficial da provincia e no perfil do contratante do Concello do Porriño (www.contratosdegalicia.es).

7. Apertura das ofertas: segundo o establecido no prego de cláusulas administrativas particulares que rexen a licitación.

8. Gastos de anuncios: serán por conta do licitador que resulte adxudicatario.

9. Páxina onde figuran os datos da convocatoria: www.contratosdegalicia.es

O Porriño, 25 de abril de 2013

José Nelson Santos Argibay
Alcalde