Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Martes, 21 de maio de 2013 Páx. 17676

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Marín

ANUNCIO polo que se convoca licitación pública para a contratación do servicio de información e asistencia xurídica ás persoas usuarias do CIM.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Marín.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría.

c) Enderezo: avenida de Ourense, s/n, 36900 Marín.

d) Número de expediente: 116/13.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizos.

b) Descrición: prestación de información e asesoramento xurídico ás usuarias do CIM por avogado/a en exercicio que posúa formación en temas relacionados co principio de igualdade de oportunidades e experiencia profesional, ambas as dúas acreditadas.

c) División por lotes e número de lotes: non.

d) Lugar de execución: Centro de Información á Muller do Concello de Marín.

e) Localidade e código postal: 36900 Marín.

f) Prazo de prestación: dous (2) anos, contados a partir do seguinte ao da sinatura do contrato.

g) Admisión de prórroga: a duración do presente contrato poderá prorrogarse por un ano, por mutuo acordo das partes, manifestado expresamente e por escrito, con polo menos quince días hábiles de antelación ao vencemento do prazo inicial.

h) CPV: 85312320-8.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto, con pluralidade de criterios de valoración das ofertas.

c) Criterios de adxudicación:

– Criterios avaliables automaticamente:

1. Mellor oferta económica: ata 60 puntos.

2. Aumento do número de horas semanais de asistencia sobre a xornada mínima semanal prevista nos pregos: ata 20 puntos.

– Criterios avaliables por xuízo de valor:

1. Proxecto de intervención: ata 20 puntos.

4. Orzamento base de licitación.

Importe neto: 10.057,47 euros anuais.

Importe total: 12.169,54 euros anuais.

5. Garantías exixidas: definitiva: 5 % do importe de adxudicación, IVE excluído.

6. Obtención de documentación e información: Concello de Marín. Avenida de Ourense, s/n, 36900 Marín, teléfono: 986 88 03 00; fax: 986 88 20 13. Enderezo na internet do perfil do contratista: http://www.concellodemarin.es. Poderá obterse documentos e información ata a data de finalización do prazo de presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Acreditación da solvencia:

a. Solvencia económica ou financeira: declaración apropiada de entidade financeira ou xustificante da existencia dun seguro de indemnización por riscos profesionais.

b. Solvencia técnica: estar en posesión da titulación de licenciado/a en Dereito e acreditar experiencia de polo menos un ano na prestación de servizos profesionais análogos aos que constitúen o obxecto da presente contratación e formación específica en temas relacionados coa igualdade de oportunidades.

8. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación.

a) Lugar de presentación: Concello de Marín, Rexistro Xeral situado na Casa Consistorial, de luns a venres das 9.00 ás 14.00 horas, e os sábados das 9.00 ás 13.00 horas. Tamén se poderán presentar ofertas por correo, na forma establecida na cláusula 12 do prego de cláusulas administrativas particulares.

b) Prazo de presentación: quince días contados desde a última publicación (BOP, DOG ou perfil).

c) Documentación exixida: a prevista na cláusula 13 do prego de cláusulas administrativas particulares.

9. Apertura dos sobre B e C.

a) Enderezo: dependencias da Casa Consistorial (avenida de Ourense, s/n, 36900 Marín).

b) Data e hora: conforme o establecido na cláusula 16 do prego de cláusulas administrativas particulares.

10. Gastos de publicidade: por conta do adxudicatario ata o importe de 1.000 euros.

Marín, 23 de abril de 2013

María P. Ramallo Vázquez
Alcaldesa