Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Martes, 21 de maio de 2013 Páx. 17621

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (811/2010).

Mª Teresa Vázquez Abades, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento número 811/10 deste xulgado do social, seguido por instancia de Fernando Mosquera Agrelo contra a empresa Pasteadores Castelao, S.L. e Campoarins, S.L., ditouse resolución o 19 de abril de 2013, cuxa parte dispositiva di literalmente:

«Estimar a solicitude do Fondo de Garantía Salarial de aclarar a sentenza ditada neste procedemento o 14 de novembro de 2012, no sentido de que este non debe figurar nela, quedando o encabezamento da devandita resolución redactado da seguinte maneira:

“Vistos por Carmen Sangiao Pereira, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 1 (reforzo) de Santiago de Compostela e o seu partido, estes autos de xuízo número 811/2010 seguidos por instancia de Fernando Mosquera Agrelo, asistido pola letrada Ángeles Cancela Regueiro, contra as empresas Pasteadores Castelao, S.L. e Campoarins, S.L., que non comparecen, sobre reclamación de cantidade”.

Así mesmo, a parte dispositiva da devandita sentenza queda redactada da forma seguinte: “Que, estimando parcialmente a demanda interposta polo demandante Fernando Mosquera Agrelo contra as empresas Pasteadores Castelao, S.L. e Campoarins, S.L., debo condenar e condeno estas de forma solidaria a que aboen ao demandante a cantidade de 2.789,75 euros polos conceptos reclamados en demanda máis o 10 % de xuro por demora, sendo ao demandante de aplicación o convenio colectivo do sector de pintura da provincia da Coruña”.

2. Incorporar esta resolución ao libro que corresponda e levar testemuño aos autos principais.

Contra este auto non cabe interpoñer recurso sen prexuízo dos recursos que poidan interpoñerse fronte á resolución aclarada».

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 25 de abril de 2013

A secretaria xudicial