Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Martes, 21 de maio de 2013 Páx. 17623

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (9/2013).

Declaración de insolvencia.

Susana Varela Amboage, secretaria do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela (A Coruña), fai saber que na execución seguida neste xulgado co número 9/2013, por instancia de María Domínguez López, contra a executada Laura Álvarez Mata, sobre reclamación de cantidade, ditouse o día 26 de abril de 2013 decreto de insolvencia no sentido de declarar a executada en situación de insolvencia parcial, por importe de 9.095,52 euros de principal, máis 915,35 euros, que provisionalmente se orzan para xuros, gastos e custas, insolvencia que se entenderá para todos os efectos como provisional. E de conformidade co artigo 276.5 da Lei de procedemento laboral, expido o presente edicto para a súa inserción no boletín ao seu cargo.

Santiago de Compostela, 26 de abril de 2013

A secretaria xudicial