Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Martes, 21 de maio de 2013 Páx. 17619

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Reforzo da Coruña

EDICTO (422/2010).

Marta Yanguas del Valle, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de reforzo da Coruña, fai saber que no procedemento demanda 422/2010, deste xulgado do social, seguido por instancia de Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo contra a empresa María José Ferrer Tasende, Carlos Campo Ferrer, Raquel María Campo Ferrer, Instituto Nacional da Seguridade Social, Luisa Iglesias González, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, sobre seguridade social, se ditou a resolución cuxo encabezamento e parte dispositiva son como segue:

«Sentenza.

A Coruña, 19 de abril de 2013.

Ana Rodríguez Piorno, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 3 da Coruña, en funcións de reforzo, ditou esta resolución nos autos de procedemento sobre determinación de continxencia 422/2010, en que foi demandante Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo, representada polo letrada Sra. Llan Lodos, e demandados María José Ferrer Tasende, Carlos Campo Ferrer e Raquel María Campo Ferrer, representados polo letrado Sr. Vázquez Pérez-Coleman, o Instituto Nacional da Seguridade Social (INSS) e a Tesouraría Xeral da Seguridade Social (TXSS), coa representación da letrada da Administración da Seguridade Social Sra. García Sánchez, e os herdeiros da empresa Luisa Iglesias González.

Dispoño que debo desestimar e desestimo a demanda interposta por Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo contra María José Ferrer Tasende, Carlos Campo Ferrer e Raquel María Campo Ferrer, o Instituto Nacional da Seguridade Social (INSS) e a Tesouraría Xeral da Seguridade Social (TXSS), así como contra os herdeiros da empresa Luisa Iglesias González e, en consecuencia, absolvo os demandados de cantas pretensións se exerceron na súa contra relativas a este procedemento.

Notifíquese esta sentenza ás partes.

Contra esta resolución cabe interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que deberá ser anunciado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta sentenza.

Así o pronuncio, mando e asino.

Publicación. A anterior sentenza leuna e publicouna a maxistrada xuíza que a subscribe no día da súa data, do que eu, secretaria xudicial, dou fe».

E para que conste e lle sirva de notificación aos herdeiros de Luisa Iglesias González, en paradoiro descoñecido, expídese esta cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 19 de abril de 2013

A secretaria xudicial