Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Martes, 21 de maio de 2013 Páx. 17611

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 da Coruña

EDICTO (94/2011).

Juan Rey Pita, secretario xudicial do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fai saber que no procedemento ordinario 94/2011 deste xulgado do social, seguido por instancia de María del Pilar Morao Vázquez contra a empresa California, S.C. e Fogasa, sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

Nº de autos: procedemento ordinario 94/2011.

Na cidade da Coruña o vinte e dous de abril de dous mil trece.

Carlos Villarino Moure, maxistrado xuíz do Xulgado do Social número 3 da Coruña tras ter visto os presentes autos sobre ordinario entre partes, dunha e como demandante María del Pilar Morao Vázquez comparece asistida polo letrado José Paramo Sureda e doutra como demandado California, S.C., que non comparece, e o Fogasa en cuxo nome e representación comparece a letrada Rosa Prósper Montalvo.

Decido:

1º. Estimo a demanda formulada por María del Pilar Morao Vázquez contra a empresa California, S.C., á cal condeno a que lle aboe a cantidade de 1.112,52 euros, que lle debe en concepto de salarios.

2º. O Fogasa deberá pasar pola presente resolución nos termos do artigo 33 do Estatuto dos traballadores.

Notifíqueselles esta sentenza ás partes e advírtaselles que contra ela poderán interpoñer recurso de suplicación perante o Tribunal Superior de Xustiza que deberá ser anunciado por comparecencia, ou mediante escrito neste xulgado dentro dos cinco días seguintes ao da notificación desta sentenza, ou por simple manifestación no momento en que se lle practique a notificación. Advírtaselle igualmente ao recorrente que non sexa traballador ou beneficiario do réxime público de Seguridade Social, ou habentes causa seus, ou non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros na conta aberta en (Banesto 0030.1846) a nome deste xulgado co número 1533 0000 36 0094 11 acreditando mediante a presentación do xustificante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso así como, no caso de ter sido condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, consignar na conta de depósitos e consignacións a nome deste xulgado, co número 1533 0000 60 00094 11 a cantidade obxecto de condena, ou formalizar aval bancario pola dita cantidade en que se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista, incorporándoos a este xulgado co anuncio de recurso. En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso, no momento de anuncialo.

Así por esta miña sentenza, definitivamente xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Publicación. A anterior sentenza foi lida e publicada polo maxistrado que a ditou, que estaba celebrando audiencia pública no día da data, do que dou fe.

E para que conste e sirva de notificación para a empresa California, expídese o presente edicto para a súa inserción no DOG.

A Coruña, 26 de abril de 2013

O secretario xudicial