Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Martes, 21 de maio de 2013 Páx. 17609

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (1101/2010).

María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria do Social número 2 da Coruña, fago saber que por resolución ditada o día 24 de abril de 2013 no proceso seguido por instancia de Abel Castiñeiras Iglesias, Antonio Sobrino Palla e José Taibo Díaz contra Alianco Contratas y Canteras, S.L., en reclamación por salarios, rexistrouse co número 1101/2010 e acordouse notificar a Alianco Contratas y Canteras, S.L. o ditame de sentenza seguinte:

«Decido que debo estimar e estimo a demanda que en materia de cantidade foi interposta por Abel Castiñeiras Iglesias, Antonio Sobrino Palla e José Taibo Díaz contra Alianco Contratas e Canteiras, S.L. e, en consecuencia, debo condenar e condeno a demandada a que aboe as cantidades de 2.589,123 euros a Abel Castiñeiras Iglesias, 1.130,22 euros a Antonio Sobrino Palla e 4.985,56 euros a José Taibo Díaz, incrementadas nos xuros do 10 % por demora aplicable aos conceptos salariais.

Coa intervención procesual do Fondo de Garantía Salarial.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución abondando a manifestación da parte ou do seu avogado graduado social colexiado ou representante dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao tempo de anunciar o recurso ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Dedúzase testemuño literal desta sentenza que quedará nestas actuacións, con inclusión da orixinal no libro de sentenzas.

Así por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán nos estrados deste xulgado, salvo as que deban revestir forma de auto ou sentenza ou se trate de emprazamento.

E para que sirva de notificación a Alianco Contratas y Canteras, S.L., en ignorado paradoiro, expídese a presente cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 26 de abril de 2013

A secretaria xudicial