Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Martes, 21 de maio de 2013 Páx. 17613

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 da Coruña

EDICTO (155/2011).

Juan Rey Pita, secretario xudicial do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 155/2011 deste xulgado do social, seguido por instancia de Josefa Caridad Rodríguez contra a empresa Confecciones Safral, S.L. e Fogasa, sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

Autos procedemento ordinario 155/2011.

A Coruña, 22 de abril de 2013.

Carlos Villarino Moure, maxistrado xuíz do Xulgado do Social número 3 da Coruña, tras ver estes autos sobre ordinario entre partes, dunha e como demandante, Josefa Caridad Rodríguez, que comparece asistida do letrado José Nogueira Esmorís e doutra, e como demandados, Confecciones Safral, S.L. e o Fogasa, que non comparecen.

Decido:

1º. Estimo a demanda formulada por Josefa Caridad Rodríguez contra a empresa Confecciones Safral, S.L. e condeno a esta a lle aboar a cantidade de 6.444,63 euros, que lle debe en concepto de salarios e demais conceptos.

2º. O Fogasa deberase ater a esta resolución nos termos do artigo 33 do Estatuto dos traballadores.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela cabe interpor recurso de suplicación para ante o Tribunal Superior de Xustiza, que se deberá anunciar por comparecencia, ou mediante escrito neste xulgado, dentro dos cinco días seguintes ao da notificación desta sentenza, ou por simple manifestación no momento en que se lle practique a notificación. Advírtase igualmente o recorrente que non for traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade social, ou habentes causa seus, ou non teña recoñecido o dereito da xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros na conta aberta en Banesto (0030.1846) a nome deste xulgado, co número 1533.0000.65.0155.11, acreditando mediante a presentación do xustificante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso así como, no caso de ter sido condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, consignar na conta de depósitos e consignacións aberta en Banesto a nome deste xulgado, co número 1533.0000.60.0155.11, a cantidade obxecto de condena, ou formalizar aval bancario por esa cantidade, en que se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista e incorporalo a este xulgado co anuncio do recurso. En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso, no momento de o anunciar.

Así, por esta miña sentenza, definitivamente xulgando pronúncioo, mándoo e asínoo.

Publicación. A anterior sentenza leuna e publicouna o maxistrado que a ditou, en audiencia pública do día da data, do que dou fe.

E para que sirva de notificación a empresa Confecciones Safral, S.L., expídese esta cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 26 de abril de 2013

O secretario xudicial