Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Martes, 21 de maio de 2013 Páx. 17615

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (340/2012).

María Jesús Hernando Arenas, secretaria do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fai saber que neste xulgado se tramitan autos co número 340/2012, por instancia de Pablo Mallo Costa contra Hormigones Prefabricados Sada, S.L., Prefabricados Sada, S.L., Mutua MC Mutual, INSS, TXSS e Fogasa, sobre cantidade, en que no día da data se ditou a sentenza coa seguinte parte dispositiva:

Decido que debo desestimar e desestimo a demanda que en materia de cantidade interpuxo Pablo Mallo Costa contra o Instituto Nacional da Seguridade Social e a Tesouraría Xeral da Seguridade Social e Prefabricados Sada, S.L. pola súa falta de lexitimación neste procedemento, e contra a entidade Mutua MC Mutual, ao se acreditar o pagamento das prestacións que lle correspondían, as que debo absolver do formulado na súa contra.

Que debo estimar e estimo parcialmente a demanda que en materia de cantidade interpuxo Pablo Mallo Costa contra Instalaciones Hormigones Prefabricados Sada, S.L. e, en consecuencia, debo condenar e condeno a Hormigones Prefabricados Sada, S.L. a que lle aboe ao demandante a cantidade de 3.315,62 euros brutos, por complemento de prestacións de incapacidade temporal devindicadas entre o 2 de xuño de 2011 e o 31 de xaneiro de 2012, incrementadas co xuro do 10 % por mora aplicable aos conceptos salariais.

Coa intervención procesual do Fondo de Garantía Salarial.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e fágaselles saber o seu dereito a interpor contra ela recurso de suplicación perante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

Advírtase o recorrente que non sexa traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, ou habente causa seu, ou non teña recoñecido o beneficio da xustiza gratuíta, de que deberá depositar a cantidade de 300 euros do depósito especial indicado no artigo 229.1.a) da Lei reguladora da xurisdición social, na conta aberta na entidade Banesto, a nome deste xulgado, co número 4757 0000, código 36 e número de expediente, acreditando mediante a presentación do xustificante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso así como, no caso de ter sido condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, consignar na conta de depósitos e consignacións a nome deste xulgado a cantidade obxecto de condena, ou formalizar aval bancario por esa cantidade en que se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista, e incorporala a este xulgado co anuncio do recurso.

En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso, no momento de o anunciar.

Dedúzase testemuño literal desta sentenza, que quedará nestas actuacións, con inclusión da orixinal no libro de sentenzas.

Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que conste e para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia, co fin de que lle sirva de notificación á empresa demandada Prefabricados Sada, S.L., co apercibimento de que as sucesivas notificacións se realizarán nas dependencias do xulgado, agás as que sexan autos, sentenzas ou emprazamentos, expido e asino este edicto.

A Coruña, 26 de abril de 2013

María Jesús Hernando Arenas
Secretaria xudicial