Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Martes, 21 de maio de 2013 Páx. 17637

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 15 de abril de 2013, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se autoriza administrativamente o proxecto dunha instalación eléctrica no concello de Laxe (expediente IN407A 46/2012).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa do proxecto da instalación que a continuación se cita:

Solicitante: Electra del Jallas, S.A. (na actualidade por absorción, Unión Fenosa Distribución, S.A.).

Domicilio social: avenida de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: LMTS, CTC rúa de Vila Amparo, nº 65 e anexo I.

Situación: concello de Laxe.

Características técnicas:

– Liña eléctrica de media tensión subterránea (LMTS) a 20 kV, cunha lonxitude de 0,43 km, con condutor tipo RHZ1-2OL-12/20 kV-3(1x240) Al, con orixe en cela existente no CT Finllido (expediente 50.042), e final en cela de liña proxectada no CT Laxe II (expediente 50.530), unha vez entre e saia do centro de transformación Vila Amparo, nº 65 proxectado.

– Centro de transformación (CT) non prefabricado, cunha potencia de 400 kVA, e unha relación de transformación de 20.000/400-230 V.

En virtude da Resolución do 7 de novembro de 2012, da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, autorizouse o cambio de titularidade e a subrogación dos dereitos e obrigas asumidos en virtude das autorizacións administrativas outorgadas, no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia, a nome de Electra del Jallas, S.A.U.. a favor de Unión Fenosa Distribución, S.A.

A dita autorización supeditouse a que Unión Fenosa Distribución, S.A. acreditase nun prazo de seis meses a transmisión da dita titularidade e a comunicase nun prazo dun mes desde que se fixera efectiva.

O 18 de xaneiro de 2013, Unión Fenosa Distribución, S.A. comunicou á Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas a devandita transmisión, quedando constancia que o 4 de decembro de 2012 se elevou a pública a escritura de fusión da sociedade Unión Fenosa Distribución, S.A. e Electra del Jallas, S.A.U. outorgada ante o notario de Madrid Fernando de la Cámara García, baixo o número 2.571 do seu protocolo e foi inscrita no Rexistro Mercantil de Madrid o 31 de decembro de 2012, tomo 30183, libro 0, folio 105, sección 8, folla M503809, inscrición ou anotación 28.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII, capítulo II do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:

Autorizar administrativamente o proxecto da devandita instalación e anexo I, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.

Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten aplicables e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

A instalación executarase nun prazo non superior a un ano, contado a partir da data desta resolución.

Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

A Coruña, 15 de abril de 2013

Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña