Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Martes, 21 de maio de 2013 Páx. 17639

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 17 de abril de 2013, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa dunha instalación eléctrica no concello de Ferrol (expediente IN407A 83/2012).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición da autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avenida de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: anexo I ao proxecto LMTS cambio de sección SMR-704.

Situación: concello de Ferrol.

Características técnicas:

– Liña eléctrica de media tensión subterránea CT Espartero-CT Cotogrande, a 15/20 kV, cunha lonxitude de 0,544 km, con orixe na cela de liña existente en CT Espartero (expediente 9.323), condutor tipo RHZ1-2-OL-12/20 kV, 3(1×240 Al), e final en empalmes proxectados na LMTS SMR-704 tramo a CT Joane (expediente 297/04) con entrada e saída no CT Cotogrande (expediente 27.539).

– Liña eléctrica de media tensión subterránea CT Cotogrande-CT Joane, a 15/20 kV, cunha lonxitude de 0,360 km, con orixe en empalmes proxectados na LMTS SMR-704 tramo a CT Cotogrande (expediente 27.539), condutor tipo RHZ1, e final en empalmes proxectados na LMTS SMR-704, tramo a CT Joane (expediente 297/04).

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, situada no Edificio Administrativo de Monelos, rúa Vicente Ferrer, 2, 2º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días a partir da última publicación.

A Coruña, 17 de abril de 2013

Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña