Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Martes, 21 de maio de 2013 Páx. 17635

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 15 de abril de 2013, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa dunha instalación eléctrica no concello de Ferrol (expediente IN407A 164/2011).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición da autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avenida de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: modificado 1 LMTS subestación Santa Mariña-praza de España.

Situación: concello de Ferrol.

Características técnicas:

Liña eléctrica de media tensión soterrada, a 15/20 kV, condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV, 3(1×240 mm2 Al) cunha lonxitude de 1.110 m, coa súa orixe nos empalmes proxectados na LMTS SMR-707, xunto á saída da subestación de Santa Mariña (expediente 18352), e remate nos empalmes proxectados na LMTS SMR-707 a CT praza de España (expediente 195/2005).

Liña eléctrica de media tensión soterrada, a 15/20 kV, condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV, 3(1×240 mm2 Al) cunha lonxitude de 472 m, coa súa orixe nos empalmes proxectados na LMTS SMR-707, tramo saída do CT praza de España (expediente 195/2005), sentido a CT praza Sevilla (expediente 23166), e remate na cela de liña existente no CT praza Sevilla (expediente 23166).

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, situada no Edificio Administrativo de Monelos, rúa Vicente Ferrer, 2, 2º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días a partir da última publicación.

A Coruña, 15 de abril de 2013

Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña