Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Luns, 20 de maio de 2013 Páx. 17224

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (771/2012).

Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe certifico que neste xulgado se seguen autos número 771/2012 por instancia de Feliciano Varela Estévez contra a empresa Zimmer Heim Ibérica, S.L. sobre despedimento, nos cales se ditou sentenza o 18 de abril de 2013 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

Resolución.

Estímase a demanda formulada por Feliciano Varela Estévez fronte a Zimmer Heim Ibérica, S.L. e, en consecuencia:

– Declárase improcedente o despedimento efectuado pola demandada Zimmer Heim Ibérica, S.L. ao actor.

– Condénase a Zimmer Heim Ibérica, S.L. a que, no prazo de cinco días desde a notificación da sentenza, opte entre a readmisión do demandante ou o aboamento dunha indemnización de 26.745,78 euros, determinando o aboamento da devandita indemnización a extinción do contrato de traballo; no caso de optar pola readmisión, deberá aboar os salarios de tramitación que desde a data do despedimento ata a presente ascenden a 31.159,81 euros, aos cales se deberán engadir os que se devindiquen ata a súa notificación a razón de 96,47 euros diarios.

– Condénase a Zimmer Heim Ibérica, S.L. a aboar a Feliciano Varela Estévez a cantidade de trece mil trescentos corenta e un euros con corenta e tres céntimos de euro (13.341,43 euros).

Notifíquese a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución, abondando a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao tempo de anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina, Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña.

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Zimmer Heim Ibérica, S.L. expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 25 de abril de 2013

A secretaria xudicial