Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Luns, 20 de maio de 2013 Páx. 17223

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (584/2011).

Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 584/2011, por instancia de Óscar Avelino Pacio Rivas contra Luis Roberto Aldana Castañeda, sobre cantidade, en que recaeu sentenza con data do 19.4.2013 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

Estímase a demanda interposta por Óscar Avelino Pacio Rivas contra a entidade Luis Roberto Aldana Castañeda e, en consecuencia:

– Condénase a empresa Luis Roberto Aldana Castañeda a aboar ao demandante a cantidade de cinco mil trescentos dezaoito euros con corenta e seis céntimos (5.318,46 euros). Esta cantidade devindicará o xuro do artigo 29.3 do ET.

Notifíqueselles esta resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar ante este xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, para o cal abondará a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante, dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio da xustiza gratuíta deberá, ao anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros, na conta de depósitos e consignacións que este xulgado ten aberta, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña.

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que lle sirva de notificación en forma á empresa Luis Roberto Aldana Castañeda, expido e asino este edicto.

A Coruña, 25 de abril de 2013

A secretaria xudicial