Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Luns, 20 de maio de 2013 Páx. 17226

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (594/2011).

Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 594/2011, por instancia de César José Iglesias Fernández contra a empresa Programetal, S.L., Tecnológica y Diseño de Interiores, S.L., Proesga, S.L., sobre cantidade, en que recaeu sentenza con data do 19 de abril de 2011 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

Estímase parcialmente a demanda interposta por César José Iglesias Fernández contra a entidade Programetal, S.L., Tecnólica y Diseño de Interiores, S.L., Proesga, S.L., Zimmer Heim Ibérica, S.L., Ingeniería Técnica en Fachadas Ventiladas, S.L., administración concursal de Proesga, S.L., administración concursal de Progametal, S.L. e, en consecuencia:

– Condénase a Programetal, S.L., Tecnólica y Diseño de Interiores, S.L., Proesga, S.L., Zimmer Heim Ibérica, S.L., Ingeniería Técnica en Fachadas Ventiladas, S.L. a aboar solidariamente ao demandante a cantidade de oito mil douscentos corenta e dous euros con cincuenta e seis céntimos (8.242,56 euros). Os conceptos salariais devindicarán o xuro legal previsto no artigo 29.3 do Estatuto dos traballadores.

Notifíqueselles esta resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar ante este xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, para o cal abondará a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social ou representante, dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio da xustiza gratuíta deberá, ao anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros, na conta de depósitos e consignacións que este xulgado ten aberta, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña.

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que lles sirva de notificación en forma ás empresas Programetal, S.L., Tecnológica y Diseño de Interiores, S.L., Proesga, S.L., expido e asino este edicto.

A Coruña, 25 de abril de 2013

A secretaria xudicial