Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Luns, 20 de maio de 2013 Páx. 17228

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (587/2011).

Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 587/2011 por instancia de María Esther Pereiro Agrelo contra a empresa Neltina Jesús Teixeira Gomes e o Fondo de Garantía Salarial, sobre cantidade, nos cales se ditou sentenza o 17 de abril de 2013 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

Resolución.

Estímase a demanda interposta por María Esther Pereiro Agrelo fronte a Neltina Jesús Teixeira Gomes e, en consecuencia, condénase a empresa Neltina Jesús Teixeira Gomes a aboar á demandante a cantidade de mil cincocentos sesenta e un euros con sesenta céntimos de euro (1.561,60 euros), devindicando os conceptos salariais o xuro moratorio do 10 %.

Notifíquese a resolución ás partes facéndolles saber que contra ela non cabe recurso ningún.

Así o acorda, manda e asina, Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña.

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Neltina Jesús Teixeira Gomes expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 25 de abril de 2013

A secretaria xudicial