Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Luns, 20 de maio de 2013 Páx. 17229

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (610/2011).

Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 610/2011 por instancia de Emilio Jesús Loureda contra a empresa Catch Tapea, S.L. e o Fogasa, sobre cantidade, nos cales se ditou sentenza o 18 de abril de 2013 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

Resolución:

Estímase a demanda formulada por Emilio Jesús Loureda Amado fronte a Catch Tapea, S.L. e, en consecuencia, condénase a Catch Tapea, S.L. a aboar ao demandante a cantidade de oitocentos setenta e tres euros con dez céntimos de euro (873,10 euros).

Notifíquese a resolución ás partes facéndolles saber que contra ela non cabe recurso ningún.

Así o acorda, manda e asina, Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña.

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Catch Tapea, S.L., expido e asino a presente.

A Coruña, 25 de abril de 2013

A secretaria xudicial