Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Luns, 20 de maio de 2013 Páx. 17230

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 23 de abril de 2013, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se notifica a proposta de resolución do expediente sancionador en materia de xogo PO-2/13.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle ao titular do establecemento que se especifica no anexo que se achega a proposta de resolución recaída no expediente sancionado por infracción da Lei orgánica 1/1992, do 21 de febreiro, de protección da seguridade cidadá, por non ser posible a súa notificación por correo certificado.

A competencia para impoñer esta clase de sancións correspóndelle ao director xeral de Emerxencias e Interior da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, segundo o disposto nos artigos 12.3 e 134.2 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, en relación co artigo 31 da Lei 14/1985, do 23 de outubro, modificada pola Lei 3/2002, do 29 de abril, cando a sanción consista nunha multa de ata 60.000 euros.

Infórmase de que, de conformidade co establecido no artigo 135 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, e nos artigos 3, 18 e 19 do Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora (Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto), dispón dun prazo de quince días hábiles contados desde a publicación para exercer ante o instrutor o dereito de audiencia e formular alegacións, así como examinar o expediente nestas dependencias.

A tramitación do expediente realízase na oficina desta Xefatura Territorial da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, sita na rúa Fernandez Ladreda, 43, 9º, de Pontevedra.

No suposto de non efectuar alegacións ditarase resolución cos efectos previstos nos artigos 20 do Real decreto 1398/1993.

Pontevedra, 23 de abril de 2013

Ramón Pereiro Santín
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Nº de expediente: PO-2/13.

Denunciada: Creaciones Textiles de Colores, S.L.

CIF: B27753235.

Establecemento: Cíber Café Bet 1128, sito na r/ Rosalía de Castro, nº 25, de Vigo.

Precepto infrinxido: artigo 9.1 da Lei 13/2011, do 27 de maio, de regulación do xogo.

Sanción proposta: 18.000,1 euros.