Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Luns, 20 de maio de 2013 Páx. 17220

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 da Coruña

EDICTO (539/2010).

Juan Rey Pita, secretario xudicial do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fago saber que no procedemento sobre seguridade social 539/2010 deste xulgado do social, seguido por instancia da mutua Intercomarcal contra a empresa Explotación Agrícola Pena Loureira, S.L., o Instituto Nacional da Seguridade Social, José Pérez González, Santiago Roberto Sánchez Marín, Alicia Beatriz Rodríguez Vázquez e a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, sobre seguridade social, ditouse a seguinte resolución:

Resolución:

1º. Desestimo a acción exercida pola mutua Intercomarcal fronte a José Pérez González, a empresa Explotación Agrícola Pena Loureira, S.L., o INSS, a TXSS, Santiago Roberto Sanches Marín e Alicia Beatriz Rodríguez Vázquez.

2º. Teño por desistido a José Pérez González en relación coa demanda presentada.

Notifíquese esta sentenza ás partes, advertindo que contra ela poderán interpoñer recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza, que deberá ser anunciado por comparecencia ou mediante escrito neste xulgado dentro dos cinco días seguintes á notificación desta sentenza, ou por simple manifestación no momento en que se lle practique a notificación. Advírtase igualmente ao recorrente que non sexa traballador ou beneficiario do réxime público de Seguridade Social, ou habente causa seu, ou non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros na conta aberta en Banesto (0030.1846) a nome deste xulgado co número 1533.0000.36.0539.10, acreditando mediante a presentación do xustificante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso, así como, no caso de ter sido condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, consignar na conta de depósitos e consignacións a nome deste xulgado, co número 1533.0000.60.0539.10, a cantidade obxecto de condena, ou formalizar aval bancario pola devandita cantidade en que se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista, incorporándoos a este xulgado co anuncio de recurso. En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso no momento de anuncialo.

Así por esta a miña sentenza, definitivamente xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Publicación. Lida e publicada foi a anterior sentenza polo maxistrado que a ditou, tendo lugar audiencia pública no día da data, do que dou fe.

E para que sirva de notificación en legal forma a Explotación Agrícola Pena Loureira, S.L. e a Alicia B. Rodríguez Vázquez, en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 24 de abril de 2013

O secretario xudicial