Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Luns, 20 de maio de 2013 Páx. 17219

IV. Oposicións e concursos

Instituto Galego da Calidade Alimentaria

ANUNCIO do 30 de abril de 2013 polo que se convoca proceso selectivo para a contratación dun técnico en sanidade animal mediante contrato laboral de obra ou servizo determinado con cargo ao proxecto denominado “Detección de Cryptosporidium e Giardia en augas –superficiais, potables, residuais e rexeneradas– de Galicia. Avaliación do risco en sanidade animal e humana” (Ref. RTA2010-00003-00-00).

No taboleiro de anuncios do Instituto Galego da Calidade Alimentaria e na súa páxina web:
http://www.medioruralemar.xunta.es/nc/areas/investigacion_e_formacion/instituto_galego_da_calidade_alimentaria/documentacion/persoal/ aparecen integramente publicadas as bases da convocatoria do proceso selectivo para contratación dun técnico en sanidade animal mediante contrato laboral de obra ou servizo determinado con cargo ao proxecto denominado «Detección de cryptosporidium e Giardia en augas –superficiais, potables, residuais e rexeneradas– de Galicia. Avaliación do risco en sanidade animal e humana» (ref. RTA2010-00003-00-00).

O prazo de presentación de solicitudes será de dez (10) días hábiles desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Os sucesivos anuncios desta convocatoria, cando proceda de conformidade coas bases, publicaranse no dito enderezo electrónico e no taboleiro de anuncios do Instituto Galego da Calidade Alimentaria.

Santiago de Compostela, 30 de abril de 2013

Tomás Fernández-Couto Juanas
Director do Instituto Galego da Calidade Alimentaria