Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Martes, 14 de maio de 2013 Páx. 16053

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Reforzo da Coruña

EDICTO (43/2011).

Marta Yanguas del Valle, secretaria xudicial de reforzo do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fai saber que no procedemento seguridade social 43/2011, deste xulgado do social, seguido por instancia de Alberto Amaya Jiménez contra Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo, Instituto Social da Mariña, Instituto Nacional da Seguridade Social, Congelados Anter, S.L., Perso. Tierra, sobre seguridade social, se ditou a seguinte resolución:

«Sentenza

A Coruña, 11 de abril de 2013

Ana Rodríguez Piorno, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 3 (reforzo) da Coruña, ditou esta resolución nos autos de procedemento sobre prestación de incapacidade temporal (determinación de continxencia) 43/2011, en que foi demandante Alberto Amaya Jiménez, representado pola letrada Sra. Pérez López, e demandados o Instituto Social da Mariña (ISM) e o Instituto Nacional da Seguridade Social (INSS), coa representación do letrado da Administración da Seguridade Social, Sr. García Sánchez, a Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo, coa representación do letrado Sr. Estébanez Juega, e a empresa Congelados Anter, S.L.

Dispoño que debo desestimar e desestimo a demanda interposta por Alberto Amaya Jiménez contra o Instituto Social da Mariña (ISM) e o Instituto Nacional da Seguridade Social (INSS), así como contra a Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo e a empresa Congelados Anter, S.L. e, en consecuencia, absolvo as entidades demandadas de cantas pretensións se exerceron na súa contra neste procedemento.

Notifíquese esta sentenza ás partes.

Contra esta resolución cabe interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que deberá ser anunciado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta sentenza.

Así o pronuncio, mando e asino.

Publicación. A anterior sentenza leuna e publicouna a maxistrada xuíza que a subscribe no día da súa data, do que eu, a secretaria xudicial, dou fe».

E para que lle sirva de notificación a Congelados Anter, S.L., Perso. Tierra, en ignorado paradoiro, expídese esta cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 11 de abril de 2013

A secretaria xudicial