Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Martes, 14 de maio de 2013 Páx. 16051

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (973/2012).

María Jesús Hernando Arenas, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fai saber que neste xulgado se tramitan autos co número PO 973/2012, por instancia de Ignacio Francis Freire Pose contra a empresa Instalaciones Fontava, S.L., coa intervención do Fondo de Garantía Salarial, sobre cantidade, en que o día 15 de abril de 2013 se ditou sentenza, coa seguinte parte dispositiva:

«Decido que debo estimar e estimo a demanda que en materia de cantidade interpuxo Ignacio Francis Freire Pose contra Instalaciones Fontava, S.L. e, en consecuencia, debo condenar e condeno a Instalaciones Fontava, S.L., a que lle aboe ao demandante a cantidade de 8.090,81 € brutos, polos salarios devindicados entre marzo e agosto de 2012, así como as pagas extraordinarias de decembro de 2011 e xullo de 2012, incrementadas co xuro do 10 % por mora aplicable aos conceptos salariais.

Coa intervención procesual do Fondo de Garantía Salarial.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e fágaselles saber o seu dereito a interpor contra ela recurso de suplicación perante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

Advírtase o recorrente que non sexa traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, ou habente causa seu, ou non teña recoñecido o beneficio da xustiza gratuíta, de que deberá depositar a cantidade de 300 euros do depósito especial indicado no artigo 229.1.a) da Lei reguladora da xurisdición social, na conta aberta na entidade Banesto, a nome deste xulgado co número 47570000, código 36 e número de expediente, acreditando mediante a presentación do xustificante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso así como, no caso de ter sido condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, consignar na conta de depósitos e consignacións a nome deste xulgado, a cantidade obxecto de condena, ou formalizar aval bancario por esa cantidade en que se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista, e incorporala a este xulgado co anuncio do recurso.

En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso, no momento de o anunciar.

Dedúzase testemuño literal desta sentenza, que quedará nestas actuacións, con inclusión da orixinal no libro de sentenzas.

Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Para que conste e para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia, co fin de que lle sirva de notificación á empresa demandada Instalaciones Fontava, S.L., co apercibimento de que as sucesivas notificacións se farán nas dependencias deste xulgado, agás as que sexan autos, sentenzas ou emprazamentos, expido e asino este edicto.

A Coruña, 22 de abril de 2013

María Jesús Hernando Arenas
Secretaria xudicial