Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Martes, 14 de maio de 2013 Páx. 16055

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (4/2012).

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 4/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia da Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo e Julio Cardama Antúnez contra a empresa Auto Arte Galicia, S.L., sobre seguridade social, ditouse a seguinte resolución:

Parte dispositiva.

Acordo:

a) Declarar o executado Auto Arte Galicia, S.L. en situación de insolvencia total por importe de 9.277,83 euros de principal (777,62 euros á Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo e 8.500,21 euros a Julio Cardama Antúnez), máis 927,79 euros, que provisionalmente se presupostan para xuros, gastos e custas, insolvencia que se entenderá para todos os efectos como provisional.

b) Arquivar as actuacións logo de anotación no libro correspondente, sen prexuízo de reabrir a execución se a partir deste momento se coñecen novos bens do executado.

c) Procédase á súa publicación no BORME.

d) Levar testemuño do presente á execución e o orixinal ao libro de decretos.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, e que ten á súa disposición na oficina deste órgano xudicial as dilixencias de ordenación do 6 de setembro de 2012, 1 de outubro de 2012 e 20 de novembro de 2012.

E para que sirva de notificación en legal forma a Auto Arte Galicia, S.L., por estar en ignorado paradoiro, expídese o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Santiago de Compostela, 12 de abril de 2103

A secretaria xudicial