Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Venres, 10 de maio de 2013 Páx. 15497

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (1082/2010).

María Teresa Vázquez Abades, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber:

Que no procedemento ordinario 1082/2010 deste xulgado do social, seguido por instancia de Fabiana Alves da Silva contra a empresa Junior Shephard Pache, Fondo de Garantía Salarial, sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

«Que desestimando integramente a demanda interposta por Fabiana Alves Dasilva contra Junior Shephard (Café Bar Taratá) e contra o Fogasa, debo absolver e absolvo as demandadas de todas as peticións deducidas na súa contra.

Notifíqueselles ás partes a presente resolución facéndolles saber que fronte a esta non cabe recurso (artigo 191.2 e disposición transitoria segunda LRXS).

A anterior resolución entregarase ao secretario para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta a miña sentenza, xulgando definitivamente en primeira instancia, o pronuncio, mando e asino».

E para que sirva de notificación en legal forma á entidade Junior Shephard Pace, en paradoiro descoñecido, insiro o presente no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da Oficina Xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 27 de marzo de 2013

A secretaria xudicial