Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Venres, 10 de maio de 2013 Páx. 15495

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (1082/2012).

Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe

Certifico: que neste xulgado se seguen autos número 1082/2012 por instancia de José Manuel Díaz Prieto contra a empresa Esabe Vigilancia, S.A. sobre tutela de dereitos fundamentais, nos cales se ditou sentenza en data 8.4.2013, que copiada nos particulares necesarios di así:

«Decisión:

Estímase parcialmente a demanda interposta por José Manuel Díaz Prieto fronte a Esabe Vigilancia, S.A. e Sequor Seguridad, S.A., desestimando as excepcións de falta de lexitimación pasiva, cousa xulgada e prescrición opostas por esta última e, en consecuencia:

– Declárase que coa súa actuación a empresa Esabe Vigilancia, S.A. vulnerou o dereito fundamental á integridade física e moral do demandante previsto no artigo 15 da Constitución española, así como o principio de igualdade a que se refire o artigo 14 do mesmo texto legal e o dereito á liberdade sindical previsto no artigo 27 de idéntico texto, declárase a nulidade radical do dito comportamento e o seu cesamento, e deberase repoñer o demandante no seu posto de traballo.

– Absólvese a empresa Sequor Seguridad, S.A. das pretensións fronte a ela exercidas.

– Condénase a empresa Esabe Vigilancia, S.A. a aboarlle ao demandante a cantidade de 30.000 euros.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución, e abondará a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao tempo de anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña».

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Esabe Vigilancia, S.A., expido e asino este edicto.

A Coruña, 18 de abril de 2013

A secretaria xudicial