Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Venres, 10 de maio de 2013 Páx. 15493

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 1300/2010 CG).

M. Asunción Barrio Calle, secretaria da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que nas actuacións de recurso de suplicación número 1300/2010 CG, ás cales se refire o encabezamento, seguidas ante a Sala do Social deste Tribunal Superior de Xustiza, dimanantes dos autos número 305/2007, do Xulgado do Social número 4 da Coruña, promovidos por Acciona Infraestructuras, S.A. contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Victoria Nascimento Silva Fortes, Georgina Silva Fortes, Jorge Luis Silva Fortes, Marizilena Silva Fortes, sobre recarga de accidente, con data 12 de abril de 2013 se ditou a resolución cuxa parte dispositiva é do seguinte teor literal:

Decidimos: desestimando o recurso de suplicación interposto pola entidade mercantil Acciona Infraestructuras Sociedad Anónima contra a Sentenza do 2 de setembro de 2009 do Xulgado do Social número 4 da Coruña, ditada en xuízo seguido por instancia da recorrente contra Victoria Nascimiento Silva Fortes, Jorge Luis Silva Fortes, Marizilena Silva Fortes, Georgina Silva Fortes, o Instituto Nacional da Seguridade Social e a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, a Sala confírmaa integramente e, en legal consecuencia, condenamos a recorrente á perda de depósitos, consignacións e aseguramentos, e ás custas da suplicación, fixando na cantidade de 300 euros os honorarios do letrado impugnante.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, facéndolles saber que contra esta só cabe recurso de casación para unificación de doutrina, que se preparará por escrito ante esta sala do social, dentro dos dez días seguintes á notificación desta sentenza e de acordo co disposto na Lei de xurisdición social. Se a recorrente non estiver exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar a cantidade obxecto de condena na c/c desta sala no banco Banesto, número 1552 0000 80 (número de recurso) (dúas últimas cifras do ano) e o depósito de 600 euros na c/c desta sala número 1552 0000 37 (número de recurso) (dúas últimas cifras do ano).

Advírteselle á parte en ignorado paradoiro que, a partir deste momento, se lle efectuarán as notificacións en estrados, salvo que se trate de autos, sentenzas ou emprazamentos, de acordo co prevido no artigo 59 da Lei de procedemento laboral.

E para que así conste para os efectos da súa publicación no DOG co fin de que sirva de notificación en forma a Georgina Silva Fortes, Marizilena Silva Fortes, con último domicilio coñecido na rúa Ángel Senra, 10, A Coruña, coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán en estrados, salvo as que deban revestir forma de auto ou sentenza ou se trate de emprazamento, expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 12 de abril de 2013

A secretaria xudicial