Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Venres, 10 de maio de 2013 Páx. 15492

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

ANUNCIO do 8 de abril de 2013, da Xerencia de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés, polo que se procede a darlle publicidade á resolución da mesma data pola que se convoca a provisión, polo sistema de libre designación, do posto de coordinación de enfermaría de Atención Primaria de Cerdedo.

A Xerencia de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés, en virtude das competencias atribuídas polo Decreto 43/2013, do 21 de febreiro, polo que se establece a estrutura orgánica do Servizo Galego de Saúde (DOG nº 47, do 7 de marzo), e a Orde do  5 de xullo de 2012, sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servizo Galego de Saúde (DOG nº 139, do 20 de xullo), resolve proceder ao anuncio da convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, do posto de coordinación de enfermaría de Atención Primaria de Cerdedo.

A citada convocatoria estará exposta nos taboleiros de anuncios do centro de saúde de Cerdedo, na intranet do CHOP e na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es).

As solicitudes poderán presentarse no Rexistro Xeral de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés no prazo de quince (15) días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Pontevedra, 8 de abril de 2013

José Manuel González Álvarez
Xerente de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés