Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Venres, 10 de maio de 2013 Páx. 15498

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (368/2013).

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que por resolución ditada no día da data no proceso de despedimento seguido por instancia de Victoria Martínez Lago contra APV Motor, S.A., Millarent, S.L., San Rent, S.L. e o Fogasa, rexistrado co número 132/2013 acordouse notificar á codemandada Millarent, S.L., en ignorado paradoiro, o auto ditado no procedemento de despedimento 368/2013 e acumulado ao presente do 30 de abril de 2013 cuxo contido na súa parte dispositiva é o seguinte:

Parte dispositiva:

Dispoño: acordar a acumulación dos presentes autos ao procedemento de despedimento número 132/2013 seguido ante este xulgado e continuar a súa tramitación nun único procedemento.

Lévese o orixinal desta resolución ao libro de autos deste órgano xudicial, deixando copia testemuñada nas actuacións.

Notifíquese ás partes.

E para que sirva de notificación a Millarent, S.L., expídese a presente cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

Santiago de Compostela, 30 de abril de 2013

A secretaria xudicial