Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Venres, 10 de maio de 2013 Páx. 15499

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (132/2013).

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que por resolución ditada no día da data no proceso de extinción de contrato e medida cautelar anexa, seguido por instancia de Victoria Martínez Lago contra APV Motor, S.A., Millarent, S.L., San Rent, S.L. e o Fogasa, rexistrado co número 132/2013 (peza de medida cautelar 132/2013/0001) acordouse citar a Millarent, S.L., en ignorado paradoiro, co fin de que compareza na sala de vistas do Xulgado do Social número 3, sito na rúa Berlín, s/n, polígono das Fontiñas, 15707, o día 20 de maio de 2013 ás 8.50 horas para a realización da comparecencia sobre adopción da medida cautelar de exoneración da prestación de servizos, e ás 8.55 horas e 9.00 horas para a realización dos actos de conciliación e, se é o caso, xuízo en relación coa demanda de extinción de contrato. Pode comparecer persoalmente ou mediante persoa legalmente apoderada e deberá acudir con todos os medios de proba de que intente valerse, coa advertencia de que é única convocatoria e que os devanditos actos non se suspenderán por falta inxustificada de asistencia.

Fáiselle saber que ten á súa disposición na oficina xudicial a cédula de citación, copia da demanda e decreto de admisión desta, así como copia da dilixencia de ordenación que acorda a convocatoria de comparecencia para resolver sobre a adopción da medida cautelar solicitada.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

En caso de que pretenda comparecer ao acto do xuízo asistido de avogado ou representado tecnicamente por graduado social colexiado, ou representado por procurador, poñerá esta circunstancia en coñecemento do xulgado ou tribunal por escrito, dentro dos dous días seguintes ao da súa citación para o xuízo, co obxecto de que, trasladada tal intención ao demandante, poida estar este representado tecnicamente por graduado social colexiado, ou representado por procurador, designar avogado noutro prazo igual ou solicitar a súa designación a través da quenda de oficio. A falta de cumprimento destes requisitos supón a renuncia da parte ao dereito de valerse no acto de xuízo de avogado, procurador ou graduado social colexiado.

E para que sirva de citación a Millarent, S.L., expídese a presente cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

Santiago de Compostela, 30 de abril de 2013

A secretaria xudicial