Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 88 Mércores, 8 de maio de 2013 Páx. 15337

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Becerreá

ANUNCIO de modificación das normas subsidiarias para a delimitación de núcleo rural.

Aprobada inicialmente a modificación das normas subsidiarias municipais do Concello de Becerreá para a delimitación como solo de núcleo rural común do núcleo de Lamas por Resolución da Alcaldía do 29 de abril de 2013 de conformidade co artigo 93.4 e disposición adicional segunda da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, sométese a información pública polo prazo dun mes contado desde o día seguinte ao de publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Durante o devandito prazo poderá ser examinado por calquera interesado nas dependencias municipais para que se formulen as alegacións que se consideren pertinentes.

Quedan suspendidas as licenzas para a área de Lamas-Becerreá durante dous anos, suspensión que, en todo caso, quedará extinguida coa aprobación definitiva da modificación puntual.

Becerreá, 29 de abril de 2013

Manuel Martínez Núñez
Alcalde