Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 88 Mércores, 8 de maio de 2013 Páx. 15333

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 4 de abril de 2013, da Xerencia de Xestión Integrada de Vigo, pola que se anuncia licitación para a contratación do servizo de limpeza do Hospital Xeral-Cíes, Hospital Rebullón, Almacén Xeral, C.E. de Coia e A Doblada e Arquivo de HH.CC., mediante procedemento aberto, multicriterio e tramitación ordinaria (AB CHV1 13 003).

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde. Complexo Hospitalario Universitario de Vigo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación Administrativa.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Servizo de Contratación Administrativa.

2º. Domicilio: avda. das Camelias nº 109.

3º. Localidade e código postal: Vigo, 36211.

4º. Teléfono: 986 21 91 29.

5º. Telefax: 986 21 91 05.

6º. Correo electrónico: chuvi.contratacion.administrativa@sergas.es

7º. Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

8º. Data límite de obtención de documentación e información: ata a data límite de presentación das ofertas, todo os días laborables excepto sábados, das 9.00 ás 14.00 horas.

d) Número de expediente: AB CHV1 13 003.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizo.

b) Descrición: servizo de limpeza do Hospital Xeral-Cíes, Hospital Rebullón, Almacén Xeral, C.E. de Coia e A Doblada e Arquivo de HH.CC.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: non.

d) Lugar de execución/entrega: o que se especifique no prego de cláusulas administrativas.

e) Prazo de execución/entrega: o se especifique no prego de cláusulas administrativas.

f) Admisión de prórroga: si.

g) CPV: 90911200-8.

3. Tramitación, procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto, multicriterio.

c) Poxa electrónica: non.

d) Criterios de adxudicación, se for o caso: oferta economicamente máis vantaxosa tendo en conta os seguintes criterios:

Concepto

Puntuación

Prezo

50 puntos

Características técnicas e funcionais

50 puntos

4. Valor estimado do contrato: 12.375.821,70 € (sen IVE).

5. Orzamento base de licitación:

a) Importe neto: 4.125.273,90 €, IVE (21 %) 866.307,52 €. Importe total: 4.991.581,42 €.

6. Garantías exixidas:

Provisional: non se exixe.

Definitiva: 5 % do importe de adxudicación, excluído IVE.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica ou profesional, de ser o caso: ver pregos de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: 4.6.2013.

b) Modalidade de presentación: ver pregos de cláusulas administrativas.

c) Lugar de presentación:

1º. Dependencia: Rexistro Xeral do Hospital Nicolás Peña.

2º. Domicilio: avda. das Camelias nº 109.

3º. Localidade e código postal: Vigo, 36211.

4º. Correo electrónico: chuvi.contratacion.administrativa@sergas.es

d) Admisión de variantes: non.

e) Prazo durante o cal o licitador está obrigado a manter a súa oferta: dous meses contados desde a apertura das proposicións.

9. Apertura das ofertas:

a) Descrición: mesas de apertura dos sobres B e C.

b) Enderezo: sala de xuntas do Hospital Nicolás Peña, avda. das Camelias nº 109.

c) Localidade e código postal: Vigo, 36211.

d) Data e hora: publicarase no perfil do contratante e no taboleiro de anuncios do órgano de contratación.

10. Gastos de publicidade: por conta do adxudicatario. Importe máximo estimado: 2.800,00 €.

11. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de las Comunidades Europeas: 18.4.2013.

Vigo, 4 de abril de 2013

P.D. (Artigo 5 da Orde do 5.7.2012; DOG nº 139, do 20 de xullo)
Mario González González
Xerente de Xestión Integrada de Vigo