Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 88 Mércores, 8 de maio de 2013 Páx. 15338

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Castro de Rei

ANUNCIO de información pública.

Ao abeiro da Instrución 2/2011, do 12 de abril, para a aplicación da disposición transitoria terceira da Lei 2/2010, do 25 de marzo, de medidas urxentes de modificación da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, tramítase por instancia de José Ramón González Otero a declaración de incursión na situación legal de fóra de ordenación total da edificación sita no lugar denominado Bulleiro (na parcela catastral número 117 do polígono 152) da parroquia de Ramil.

E de acordo co proxecto técnico presentado por Iván Otero Ferreiros, de actividade para taller de reparación de maquinaria agrícola, na planta baixa da edificación arriba sinalada, cumprindo co preceptuado no artigo 8 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, de avaliación de incidencia ambiental, en relación co artigo 86 da Lei 30/1992, ábrese un período de información pública por un prazo de vinte (20) días hábiles, co fin de que durante este período –que comezará a contarse desde o día seguinte ao da última publicación deste edicto no BOP de Lugo e no Diario Oficial de Galicia– poidan examinar os expedientes, na Secretaría deste Concello, as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas por eles e formular por escrito as reclamacións ou observacións que consideren oportunas.

Castro de Rei, 16 de abril de 2013

Francisco Javier Balado Teijeiro
Alcalde