Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 88 Mércores, 8 de maio de 2013 Páx. 15339

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Lugo

ANUNCIO polo que se fan públicas resolucións das bases específicas e convocatorias que rexerán, xunto coas bases xerais, en procedementos selectivos neste concello.

No Boletín Oficial da provincia de Lugo número 157, do 9 de xullo de 2008, publicáronse as bases xerais para acceso en propiedade a prazas de funcionarios e persoal laboral do Concello de Lugo, en quenda libre e en quenda de consolidación de emprego temporal.

Estas bases xerais foron modificadas por acordos da Xunta de Goberno Local e estas modificacións foron publicadas no Boletín Oficial da provincia de Lugo, número 051, do 4 de marzo de 2009 e número 033, do 8 de febreiro de 2013.

No Boletín Oficial da provincia de Lugo número 082, do 10 de abril de 2013, publicáronse resolucións das bases específicas e convocatorias que rexerán xunto coas anteriores bases xerais, os seguintes procedementos selectivos:

Persoal funcionario:

– Resolución 13002886: 3 prazas de delineante encadradas na escala de Administración especial; subescala técnica; clase auxiliar; grupo de titulación C, subgrupo C1. Sistema selectivo: oposición.

– Resolución 13002887: 1 praza de enxeñeiro/a técnico/a industrial encadrada na escala de Administración especial; subescala técnica; clase media; grupo de titulación A, subgrupo A2. Sistema selectivo: concurso-oposición.

Lugo, 15 de abril de 2013

José Clemente López Orozco
Alcalde