Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 88 Mércores, 8 de maio de 2013 Páx. 15251

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (680/2010).

Mª Teresa Vázquez Abades, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 680/2010 deste xulgado do social, seguido por instancia de Lino César Castro Sánchez contra a empresa Rayolid, S.A., Rayosil Electricidad, S.L., e o Fondo de Garantía Salarial, sobre ordinario, ditouse a seguinte resolución:

«Que estimo integramente a demanda interposta por Lino César Castro Sánchez fronte ás mercantís Rayolid, S.A. e Rayosil Electricidad, S.L. e fronte ao Fondo de Garantía Salarial (Fogasa) e, en consecuencia, condeno conxunta e solidariamente as mercantís Rayolid, S.A. e Rayosil Electricidad, S.L. a que aboen ao demandante a cantidade de 12.614,39 euros, en concepto de diferenzas salariais de setembro de 2009, salarios de outubro a decembro de 2009, paga extra de decembro de 2009, salarios de xaneiro, febreiro e 17 días de marzo de 2010, parte proporcional da paga extra de verán e vacacións percibidas e non gozadas, máis o 10 % de xuros por demora no pagamento.

Notifíquese esta resolución ás partes, facéndolles saber que contra ela poden interpoñer recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de cinco días.

Así o acordo, mando e asino.»

E para que sirva de notificación en legal forma á mercantil Rayolid, S.A., en paradoiro descoñecido, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 17 de decembro de 2012

A secretaria xudicial