Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 88 Mércores, 8 de maio de 2013 Páx. 15250

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (330/2010).

María Teresa Vázquez Abades, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento número 330/2010, deste xulgado do social, seguido por instancia do Servizo Público de Emprego Estatal contra a empresa Revestimientos Fairland, S.L., Manuel Tarrío Blanco e Francisco José Ruiz Pérez, sobre seguridade social, ditouse a seguinte sentenza cuxa parte dispositiva se xunta:

«Que debo estimar e estimo a demanda interposta polo Servizo Público de Emprego Estatal contra Revestimientos Fairland, S.L., Juan Manuel Tarrío Blanco e Francisco José Ruiz Pérez, e debo declarar e declaro a responsabilidade empresarial de Revestimientos Fairland, S.L. no pagamento das prestacións e as cotizacións que o ente demandante efectuou ao traballador codemandado, condenado a empresa á devolución ao Servizo Público de Emprego das prestacións indebidamente aboadas e que ascenden a 1.348,50 euros.

Notifíquese esta resolución ás partes ás cales se fará saber que esta non é firme e contra ela cabe interpoñer recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do Social, no prazo de cinco días contados desde a notificación desta sentenza, por comparecencia ou por escrito, pasados os cales quedará firme e procederase ao seu arquivamento.

Así por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Revestimientos Fairland, S.L., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán nos estrados deste xulgado, salvo as que revistan forma de auto ou sentenza, ou se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 20 de marzo de 2013

A secretaria xudicial