Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 88 Mércores, 8 de maio de 2013 Páx. 15248

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 da Coruña

EDICTO (125/2011).

Juan Rey Pita, secretario xudicial do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 125/2011 deste xulgado do social, seguido por instancia de Antonio Fructuoso Gonçalves contra a empresa Julio Francisco Kars 4×4, S.L.U., sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

«Autos procedemento ordinario 125/2011.

A Coruña, 11 de abril de 2013.

Carlos Villarino Moure, maxistrado xuíz do Xulgado do Social número 3 da Coruña, tras ver estes autos sobre ordinario entre partes, dunha e como demandante, Antonio Fructuoso Gonçalves, que comparece por si mesmo, e doutra, como demandado Julio Francisco Kars 4×4, S.L.U., que non comparece.

En nome do rei ditou a seguinte sentenza 228/2013:

Decido que estimando a demanda formulada por Antonio María Fructuoso Gonçalves contra a empresa Julio Francisco Kars 4×4, S.L.U., condeno a esta a lle aboar a cantidade de 3.162,67 euros que lle debe en concepto de salarios e demais conceptos, cos xuros conforme o artigo 29.3 do Estatuto dos traballadores.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela cabe interpor recurso de suplicación para ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar por comparecencia ou mediante escrito neste xulgado, dentro dos cinco días seguintes ao da notificación desta sentenza ou por simple manifestación no momento en que se lle practique a notificación. Advírtase igualmente o recorrente que non for traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social ou habente causa seu, ou non teña recoñecido o dereito da xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros na conta aberta en Banesto (0030 1846) a nome deste xulgado co número 1533 0000 36 0125 11, acreditando, mediante a presentación do xustificante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso, así como, no caso de ter sido condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, consignar na conta de depósitos e consignacións a nome deste xulgado, co nº 1533 0000 60 0125 11, a cantidade obxecto de condena ou formalizar aval bancario por esa cantidade, en que se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista e incorporalo a este xulgado co anuncio do recurso. En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso, no momento de o anunciar.

Así, por esta miña sentenza, definitivamente xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

E para que sirva de notificación a empresa Julio Francisco Kars 4×4, S.L.U., expídese este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 17 de abril de 2013

O secretario xudicial