Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 88 Mércores, 8 de maio de 2013 Páx. 15247

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 da Coruña

EDICTO (115/2011).

Juan Rey Pita, secretario xudicial do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 115/2011 deste xulgado do social, seguido por instancia de Pedro Adolfo Paz Suárez contra a empresa Media Digital Press, S.L., e o Fogasa, sobre ordinario, ditouse a seguinte resolución:

Resolución:

1º. Que, estimando a demanda formulada por Pedro Adolfo Paz Suárez contra a empresa Media Digital Press, S.L. condeno a esta a aboarlle a cantidade de 1.430,13 euros, que lle debe en concepto de salarios e demais conceptos cos xuros conforme o artigo 29.3 ET.

2º. O Fogasa deberá pasar pola presente resolución nos termos previstos no artigo 33 ET.

Notifíquese ás partes e advírtase que contra esta sentenza non cabe interpoñer recurso ningún, ao abeiro do disposto no artigo 191 LRXS.

Así por esta a miña sentenza, definitivamente xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Publicación. Lida e publicada foi a anterior sentenza polo maxistrado que a ditou, achándose celebrando audiencia pública no día da data, do que dou fe.

E para que sirva de notificación en legal forma a Media Digital Press, S.L., expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 17 de abril de 2013

O secretario xudicial