Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 88 Mércores, 8 de maio de 2013 Páx. 15252

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (15/2011).

Susana Varela Amboage, secretaria do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fai saber que na execución seguida neste xulgado co número 15/2011, por instancia de Mª Teresa Otero Romero, Juan Carlos Raposo Toja, Geidy Ramos Lemus e Aranzazu Martínez Méndez, contra o executado Manuel Germade Mayo, sobre reclamación de cantidade, ditouse o día 17 de abril de 2013 decreto de insolvencia no sentido de declarar o executado en situación de insolvencia total, por importe de 16.392,65 euros de principal, máis 1.639,24 euros, que provisionalmente se orzan para xuros, gastos e custas, insolvencia que se entenderá para todos os efectos como provisional. E de conformidade co artigo 276.5 da Lei de procedemento laboral, expido o presente para a súa inserción no boletín ao seu cargo.

Santiago de Compostela, 17 de abril de 2013

A secretaria xudicial