Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 87 Martes, 7 de maio de 2013 Páx. 14941

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Mesía

APROBACIÓN inicial do Plan parcial do sector de solo urbanizable S-03 ARS-03, no lugar de O Campo.

Por decreto da Alcaldía do 2 de maio de 2013 aprobouse inicialmente o Plan parcial do sector de solo urbanizable S-03 ARS-03, do Plan xeral de ordenación municipal, no lugar do Campo, a iniciativa de Carpintería Ramón García, S.L.

O que se fai publico, de conformidade co establecido no artigo 86.1.a) da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, para que durante o prazo dun mes, a partir do día seguinte ao da última publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia ou nos xornais La Voz de Galicia e El Correo Gallego, os interesados poidan consultar o expediente nas oficinas municipais e presentar as alegacións que consideren oportunas.

Mesía, 2 de maio de 2013

Mariano Iglesias Castro
Alcalde