Gonzalo Moreno Pena solicitou nesta alcaldía, licenza municipal para a apertura de silo trincheira que se situará en Macedo (San Martiño de Condes). En cumprimento do disposto no artigo 8.1. do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por un período de vinte días hábiles, co fin de que durante este –que comezará a contarse desde o día seguinte ao da inserción deste edicto no Boletín Oficial da provincia e no Diario Oficial de Galicia– poidan examinar o expediente, na Secretaría deste concello, as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que consideren oportunas.
Friol, 30 de abril de 2013
(Decreto Alcaldía do 9.11.2012)
José Ángel Santos Sánchez
Alcalde