Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 87 Martes, 7 de maio de 2013 Páx. 14942

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Moeche

ANUNCIO de información pública sobre a aprobación inicial do Plan xeral de ordenación municipal deste concello.

Aprobado inicialmente o Plan xeral de ordenación municipal (PXOM), por Acordo do Pleno do 11 de abril de 2013, de conformidade cos artigos 85.2 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, sométese a información pública polo prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da publicación do último anuncio no Diario de Ferrol ou en La Voz de Galicia.

Durante o dito prazo, o expediente con todos os documentos que integran o plan xeral, incluído o informe de sustentabilidade ambiental, quedará á disposición de calquera que queira examinalo, para que se presenten as alegacións que se consideren pertinentes.

Quedan suspendidas as licenzas naqueles ámbitos do territorio obxecto de planeamento que se determinan no expediente, cuxas novas determinacións supoñan a modificación da ordenación urbanística vixente. A duración da suspensión será de dous anos contados desde a data do acordo de aprobación inicial e, en calquera caso, extinguirase coa aprobación definitiva do PXOM.

Moeche, 16 de abril de 2013

Julio López Romeo
Alcalde