Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Luns, 6 de maio de 2013 Páx. 14382

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

AUTO (871/2012).

María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fai saber que por Resolución ditada o día 8 de abril de 2013 no proceso seguido por instancia de Manuel Mourelle Ferreiro contra a empresa Excavaciones Reygar, S.L., en reclamación por despedimento, rexistrado co número 871/2012, se acordou notificar a Excavaciones Reygar, S.L., a parte dispositiva do auto de aclaración da sentenza, que di o seguinte:

«Parte dispositiva.

Que se debe aclarar a resolución da sentenza do 1 de abril de 2013, ditada nestes autos, que queda como segue:

«Que debo estimar e estimo a demanda sobre despedimento formulada por Manuel Mourelle Ferreiro, que comparece representado polo letrado Sr. Nogueira Esmorís, contra a empresa Excavaciones Reygar, S.L., que non comparece malia estar citada en legal forma, e o Fogasa, que comparece representado pola letrada Sra. Abajo Lera, e declaro a improcedencia do despedimento e a extinción da relación laboral que vincula as partes, con condena da empresa indicada a que aboe ao Sr. Mourelle a cantidade de 35.651,79 euros en concepto de indemnización».

Notifíquese esta resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela non cabe ningún recurso, en virtude do disposto no artigo 215.4 da LAC e artigo 267.7 da Lei orgánica do poder xudicial.

Así, por este auto, o pronuncia, manda e asina Montserrat Matos Salgado, maxistrada xuíza substituta do Xulgado do Social número 2 da Coruña».

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán nas dependencias deste xulgado, agás as que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

E para que sirva de notificación en legal forma a Excavaciones Reygar, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 15 de abril de 2013

A secretaria xudicial