Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Luns, 6 de maio de 2013 Páx. 14383

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (871/2012).

María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que por Resolución ditada o día 1 de abril de 2013 no proceso seguido por instancia de Manuel Mourelle Ferreiro contra a empresa Excavaciones Reygar, S.L., administrador concursal de Excavaciones Reygar, S.L. e Fogasa, en reclamación por despedimento, rexistrado co número 871/2012, se acordou notificar a Excavaciones Reygar, S.L. a resolución de sentenza seguinte:

«Resolvo que debo estimar e estimo a demanda sobre despedimento formulada por Manuel Mourelle Ferreiro, que comparece representado polo letrado Sr. Nogueira Esmorís, contra a empresa Excavaciones Reygar, S.L., que non comparece malia estar citada en legal forma, e o Fogasa, que comparece representado pola letrada Sra. Abajo Lera, e declaro a improcedencia do despedimento e a extinción da relación laboral que vincula as partes, con condena da empresa indicada a que lle aboe ao Sr. Mourelle a cantidade de 35.651,79 euros en concepto de indemnización e ao aboamento dos salarios de tramitación en contía de 44,17 euros diarios desde a data do despedimento ata a notificación desta resolución.

Notifíquese esta sentenza ás partes e advírtase que contra ela poderán interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza, que deberá ser anunciado por comparecencia ou mediante escrito neste xulgado, dentro dos cinco días seguintes ao da notificación desta sentenza, pasados os cales se declarará firme e se arquivará. Advírtase igualmente o traballador que non sexa traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social ou habente causa seu, ou non teña recoñecido o beneficio da xustiza gratuíta, que deberá depositar a taxa establecida na Lei 10/2012, do 20 de novembro.

Así, por esta miña sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo, Montserrat Matos Salgado, maxistrada xuíza substituta do Xulgado do Social número 2 da Coruña».

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán nas dependencias deste xulgado, agás as que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamentos.

E para que sirva de notificación en legal forma a Excavaciones Reygar, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 15 de abril de 2013

A secretaria xudicial