Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Luns, 6 de maio de 2013 Páx. 14385

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (53/2013).

Número de autos: execución de títulos xudiciais 53/2013.

Demandante: María Luz Millares Álvarez.

Avogada: María del Carmen González Ferro.

Demandada: Katedra Profesional, S.L.

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 53/2013 deste Xulgado do Social, seguido por instancia de María Luz Millares Álvarez contra a empresa Katedra Profesional, S.L., sobre ordinario, se ditou auto e decreto cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

• Auto do 27 de marzo de 2013:

«...Parte dispositiva.

Dispoño despachar orde xeral de execución a favor da parte executante, María Luz Millares Álvarez, fronte a Katedra Profesional, S.L., parte executada, por importe de 1078,12 euros de principal e 107,81 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, se é o caso, poidan percibirse durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación.

O presente auto, xunto co decreto que ditará o/a secretario/a xudicial e copia da demanda executiva, serán notificados simultaneamente á parte executada, tal e como dispón o artigo 553 da LAC, e quedará a executada apercibida para os efectos mencionados nos razoamentos xurídicos terceiro e cuarto desta resolución, e conforme dispoñen os artigos 251.2 e 239.3 da LXS.

Contra este auto poderá interporse recurso de reposición, que se interporá ante este órgano xudicial, no prazo dos tres días hábiles seguintes á súa notificación, no que ademais de alegar as posibles infraccións en que houbese de incorrer a resolución e o cumprimento ou incumprimento dos presupostos e requisitos procesuais exixidos, poderá deducirse a oposición á execución despachada, aducindo pagamento ou cumprimento documentalmente xustificado, prescrición da acción executiva ou outros feitos impeditivos, extintivos ou excluíntes da responsabilidade que se pretenda executar, sempre que tiveren acaecido con posterioridade á súa constitución do título, sen que sexa a compensación e débedas admisible como causa de oposición á execución.

Se o recorrente non tiver a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de seguridade social deberá consignar a cantidade de 25 euros, en concepto de depósito para recorrer, na conta de consignacións deste Xulgado do Social número 3 aberta no Banco Español de Crédito, conta número 00301846420005001274, e deberá indicar no campo concepto «Recurso», seguido do código «30 Social-Reposición». Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria deberá incluír tras a conta referida, separados por un espazo, o «código 30 Social-Reposición». Se efectuar diversos pagamentos na mesma conta deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase, indicando no campo de observacións a data da resolución impugnada utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

Así o acorda e asina a súa señoría. Dou fe.

O/a maxistrado/a xuíz A secretaria xudicial... »

• Decreto do 9 de abril de 2013:

... «Parte dispositiva.

Para dar efectividade ás medidas concretas solicitadas, acordo:

– Proceder ao embargo de bens e ás medidas de localización e indagación dos bens do executado que procedan, conforme o previsto nos artigos 589 e 590 da LAC.

– Requirir a Katedra Profesional, S.L. co fin de que no prazo de dez días manifeste relacionadamente bens e dereitos suficientes para cubrir a contía da execución, con expresión, se é o caso, das cargas e gravames, así como, no caso de inmobles, se están ocupados, por que persoas e con que título, baixo apercibimento de que, en caso de non o verificar, poderá ser sancionado, cando menos, por desobediencia grave, en caso de que non presente a relación dos seus bens, inclúa nela bens que non sexan seus, exclúa bens propios susceptibles de embargo ou non desvele as cargas e gravames que sobre eles pesaren, e poderán impoñérselle tamén multas coercitivas periódicas.

– Consultar as aplicacións informáticas do órgano xudicial para a indagación de bens do executado, incluído o Servizo Central de Índices da Propiedade.

– Embargar os saldos das contas bancarias titularidade da executada a través da aplicación informática da conta de depósitos e consignacións deste xulgado.

– Embargar as devolucións tributarias que poidan existir a favor da executada a través da aplicación informática da conta de depósitos e consignacións deste xulgado.

Notifíqueselles ás partes, facéndolles saber que en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial as partes ou interesados e, de ser o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas mentres non sexan facilitados outros datos alternativos, e será carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similar, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co Tribunal.

Modo de impugnación: contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión, que deberá interporse ante o presente órgano xudicial no prazo de tres días hábiles seguintes á notificación desta, con expresión da infracción cometida nesta a xuízo do recorrente, artigo 186 da LPL. O recorrente que non teña a condición de traballador ou beneficiario de réxime público da Seguridade Social deberá facer un depósito para recorrer de 25 euros, na conta aberta en Banco Español de Crédito, debendo indicar no campo concepto a indicación «recurso» seguida do código «31 Social-Revisión». Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria, deberá incluír tras a conta referida, separados por un espazo coa indicación «recurso», seguida do «código 31 Social-Revisión». Se efectuar diversos pagamentos na mesma conta deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase, indicando no campo de observacións a data da resolución impuganda utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

A secretaria xudicial...»

Advírteselle ao destinatario, Katedra Profesional, S.L., que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 15 de abril de 2013

A secretaria xudicial